O PP pide á Deputación un informe detallado do plan de compostaxe

Pontevedra
20 de xuño 2017

O grupo provincial do Partido Popular vén de solicitar á Deputación de Pontevedra un informe detallado dos importes que destinou ao plan de compostaxe desde a súa posta en marcha, así como o listado de concellos adheridos e as axudas outorgadas a cada un

Xuntanza da II Fase do Plan Revitaliza de compostaxe
Xuntanza da II Fase do Plan Revitaliza de compostaxe / Mónica Patxot

O grupo provincial do Partido Popular vén de solicitar á Deputación de Pontevedra un informe detallado dos importes que destinou ao plan de compostaxe desde a súa posta en marcha, así como o listado de concellos adheridos e as axudas outorgadas a cada un.

Segundo explica o voceiro do grupo, Ángel Moldes, "despois de dous anos consideramos que xa pasou un tempo prudencial para poder extraer as primeiras conclusións e saber se este plan está funcionando, e para iso queremos ter datos e información".

Ángel Moldes aclara que "non estamos cuestionando a compostaxe como método, o que nos sorprendería é que despois de gastar cantidades importantes do orzamento provincial o plan, tal e como eles o deseñaron, non estea funcionando".

O voceiro do PP destaca que "hai moita confusión sobre o que realmente se leva investido", e recorda que "cada vez que o bipartito fala deste proxecto e de orzamentos dá cantidades diferentes, transmitindo moita improvisación e falta de planificación".