O PP pide solucións para unha tubaxe da Caeira que rompeu sete veces desde o inicio da pandemia

Poio
31 de agosto 2021

O PP trasladou este martes á Comisión de Urbanismo as denuncias dos veciños por unha rotura e denunciou que o Tripartito ten abandonados aos veciños desta zona, que levan meses con esta situación e con avarías que provocaron "danos nas vivendas, asolagamentos nos baixos e garaxes e todo tipo de trastornos"

Rocío Cochón, na zona afectada pola avaría
Rocío Cochón, na zona afectada pola avaría / PP de Poio

O grupo municipal do PP de Poio pediu este martes solucións para a situación que están a vivir na rúa Río Miño, na Caeira, na que estes días tiveron a terceira avaría nunha tubaxe en oito meses, a sétima desde o comezo da pandemia. 

O PP trasladou este martes á Comisión de Urbanismo as denuncias dos veciños por unha rotura na confluencia coa rúa Mato Calderón e denunciou que o Goberno local Tripartito ten abandonados aos veciños desta zona, que levan meses con esta situación e con avarías que provocaron "danos nas vivendas, asolagamentos nos baixos e garaxes e todo tipo de trastornos".

A concelleira Rocío Cochón resaltou a frustración dos afectados porque cada tres ou catro meses rómpense as tubaxes e pediu a substitución das canalizacións en mal estado.

Cochón sostén que "a solución, como en tantos lugares de Poio, non consiste en poñer remendos".