O voceiro municipal do PP en Pontevedra, Jacobo Moreira está convencido de que a "cascada de crematorios" cuxos proxectos se están presentando nas últimas semanas, é debido a que Pontevedra "tras 18 años de trabajo" segue sen contar cun PXOM. E é que asegura que de existir un novo planeamento "los vecinos estarían tranquilos de que al lado de sus casas no se construirán crematorios".
Segundo Jacobo Moreira, a ausencia de PXOM "nos impide decidir donde queremos que se instalen estos crematorios y son las empresas las que están decidiendo donde". Por iso é polo que esixan ao goberno municipal que retomen a elaboración do plan urbanístico "que ahora está en un cajón", para non seguir, denuncian, "sufriendo las consecuencias de no tener un plan xeral".
O encargado de explicar os problemas que xera a ausencia de PXOM foi o concelleiro Ricardo Aguilar. Recordou que o actual planeamento data de 1989 e nel estimábase unha cidade de 82.000 habitantes, polo que estima que "ya es deficitario hoy". Ese crecemento poboacional provoca que o chan destinado a equipamientos, zonas verdes, infraestruturas viarias ou complexos industriais estea moi por baixo do que necesita Pontevedra.
"Tenemos un déficit de 1,5 millóns de metros cuadrados", explicou Aguilar, quen culpou directamente ao goberno local BNG-PSOE por "no tener interés en hacer ningún plan". Na súa opinión, en materia urbanística Pontevedra "en lugar del futuro, viaja hacia el pasado". E xunto con Moreira criticou que desde 2004 gastouse máis de 1,3 millóns de euros e o PXOM "non pasou da súa aprobación inicial".
"Que se pongan ya y subsanen esas deficiencias", dixo Jacobo Moreira. Asegura que César Mosquera, responsable do planeamento urbanístico da cidade, "acabó el Puente de las Corrientes y no sabemos a qué de dedica ahora".