O programa Ao InstienBici de Pedaladas segue a crecer

Pontevedra
14 de abril 2018

A iniciativa, que busca fomentar o correcto uso da bicicleta entre os escolares, chegou xa en 2018 a 197 mozos de tres institutos da cidade

Programa Ao InstienBici no Instituto Sánchez Cantón
Programa Ao InstienBici no Instituto Sánchez Cantón / Asociación Pedaladas

A Asociación Pedaladas segue traballando no seu programa Ao InstienBici para fomentar un uso responsable e seguro de bicicleta entre os escolares.

Durante os primeiros meses de 2018 ata 197 mozos e mozas participaron na actividade, que inclúe practicas de bicicleta na rúa con tráfico real.

Foron alumnos de 1º, 2º e 3º da ESO nos institutos Frei Martín Sarmiento, Xunqueira 2 e Sánchez Cantón, aínda que Pedaladas traballa en poder ampliar a nómina de centros educativos participantes.

Ao InstienBici busca mellorar a seguridade viaria dos menores nos seus desprazamentos en bicicleta, promocionando un medio de transporte saudable que supón unha boa ferramenta para a mobilidade en cidade.

Os mozos reciben 5 horas de formación con 3 horas impartidas no patio dos institutos, onde melloran as súas habilidades ciclistas e reciben formación en normativa de tráfico, e dúas horas con tráfico real nun percorrido de 8,5 quilómetros polas rúas de Pontevedra onde practican os coñecementos adquiridos tanto en grupo como de forma individual.