O PSOE insiste na necesidade de recuperar a xestión do servizo de abastecemento de auga

Pontevedra
07 de setembro 2017

O concelleiro socialista Agustín Fernández pide ao Concello que elabora un informe que demostre a maior eficiencia da xestión privada do servizo antes de adxudicar un novo contrato, o que é "unha imposición legal"

Agustín Fernández e Iván Puentes, concelleiros do Partido Socialista Mónica Patxot

Para o Partido Socialista de Pontevedra, adxudicar un novo contrato privado para a xestión do servizo de abastecemento de auga supón perder unha "gran oportunidade.

Así o defende o concelleiro Agustín Fernández, que insiste no beneficio de recuperar un servizo no que se van a investir "uns 140 millóns de euros" nos próximos anos.

O portavoz do grupo municipal do PSOE explicou que presentarán unha alegación á adxudicación durante o período de exposición pública.

Ademais solicitou ao goberno local que elabora un estudo sobre a eficiencia dun servizo privatizado por riba dun público, o que "é unha imposición legal", defende Fernández.

Para o edil socialista aprobar un novo contrato na xestión da auga supón "un condicionamento do servizo público durante 20 anos".

Arquivado en