O PSOE pontevedrés critica que o comité electoral do seu partido non respecte a paridade

Pontevedra
09 de agosto 2016

O secretario provincial dos socialistas, Santos Héctor, mostra a súa "sorpresa" e "malestar" tras coñecer a composición do comité electoral do PSOE para as próximas eleccións autonómicas, no que de 47 persoas só figuran 12 mulleres "retrocedendo nestes porcentaxes décadas na composición de xénero"

Santos Héctor, secretario provincial do PSdeG
Santos Héctor, secretario provincial do PSdeG / Mónica Patxot

O secretario provincial do PSOE en Pontevedra, Santos Héctor, mostrou a súa "sorpresa" e "malestar coa dirección" tras coñecer a composición do comité electoral do seu partido para as próximas eleccións autonómicas do 25 de setembro, nas que Xaquín Fernández Leiceaga aspirará a presidir a Xunta de Galicia.

O representante socialista asegura que "esta composición non respecta en absoluto a paridade de xénero que figura nas normas internas do Partido Socialista".

Dos 47 membros que aparecen no comité electoral, 35 son homes e só 12 mulleres "retrocedendo nestes porcentaxes décadas na composición de xénero", defende.

Santos Héctor denuncia a través dun comunicado que este rumbo, nalgúns casos, "alcanza niveis vergoñosos", xa que por exemplo na coordinación territorial inclúese "unha muller dun total de oito membros".

"Falamos da nosa sinal fundamental de identidade", sinala o representante provincial, polo que "instamos á xestora do PSdeG-PSOE a que dunha forma inmediata cambie esta composición".