O rural e os barrios acollen este luns espectáculos de Nadal e maxia

Pontevedra
26 de decembro 2021

Canicouva, Ponte Sampaio, Salcedo, Gorgullón, Monte Porreiro, Mourente e Barcelos acollen este luns distintos espectáculos de Nadal.

Poboado de Nadal na Ferrería
Poboado de Nadal na Ferrería / PontevedraViva

As parroquias e os barrios teñen o seu propio peso nas Festas de Nadal que programa Concellaría de Festas neste 2021. A veciñanza goza de espectáculos e obradoiros en todos os centros sociais do rural e dos barrios durante todo o mes de decembro e até despois de Reis. Ponte Sampaio, Canicouva, Mourente, O Gorgullón, Monte Porreiro, Salcedo ou Barcelos son este luns unha boa mostra desa proposta.

O luns, 27 de decembro, a Concellaría de Festas programa sete espectáculos e actividades distintas en outros tantos locais sociais e espazos públicos das parroquias e dos barrios. 

Os espectáculos están previstos no Local Social da Canicouva ás 16.00 horas con "O soño de Fifo", na Praza de Barcelos haberá obradoiros de Nadal (baixo carpa), música e animación de rúa ás 16.30 horas.

No Local social de Ponte Sampaio. Local social ás 17.00 horas está programado o espectáculo de maxia cómica "O Rei Midas" e na Casa Verde de Salcedo as 17.00 horas "Burbullas do Nadal". No Local social do Gorgullón ás 17.00 horas "Alucina" co mago Javier Muro.

En Os Campos – Mourente ás 17.00 horas  "Vaia Frío!" e no Local social de Monte Porreiro ás 17.00 horas "Un Nadal cheo de contos".

Ademais, a Concellaría de Festas reforza a programación do ámbito urbano que continúa até o mércores co maxia do Mago Antón no seu Magomóbil. Instalado no Paseo de Montero Ríos ofrecerá sete pases diarios, 28 en total, abertos a todos os públicos e con entrada de balde até completar aforo. A máscara será de uso obrigatorio.

Tamén está previsto o espectáculo Quebranoces polo centro histórico a partir das 17.00 horas.

Xunto ás actividades, a Concellaría de Festas mantén o Poboado Tempo de Nadal na Ferraría que nestes días cambiou a súa proposta de produtos de decoración de Nadal por agasallo pensando tanto no día de Nadal como no de Reis. Os visitantes poden sacar as mellores imaxes do Nadal de Pontevedra para felicitar as festas e o Aninovo, e tamén deixar as cartas ás súas maxestades de Oriente no buzón instalado dentro do poboado.