O segundo Marín Gaming Fest, un éxito polo que pasaron 700 persoas

Marín
23 de outubro 2022

"Consideramos que este evento gañou forza na segunda edición e esperamos poder seguir facéndoo crecer en vindeiras ocasións", explican desde o Concello.  O Goberno local destaca que o evento "se converteu nunha cita obligada" no calendario dos afeccionados ao mundo gaming

Segunda edición do Marín Gaming Fest
Segunda edición do Marín Gaming Fest / Concello de Marín - Arquivo

A celebración do Marín Gaming Fest a pasada fin de semana rexistrou unha afluencia aproximada de 700 persoas.

"Consideramos que este evento gañou forza na segunda edición e esperamos poder seguir facéndoo crecer en vindeiras ocasións", explican desde o Concello de Marín. 

O Concello de Marín valorou este sábado que a segunda edición do evento "deixou un moi bo sabor de boca", tanto entre os organizadores como entre os asistentes.

O Goberno local destaca que o evento "se converteu nunha cita obrigada" no calendario dos afeccionados ao mundo gaming.

Segundo o balance realizado polo Concello, tanto as artistas como as persoas que puxeron postos de venda de produtos relacionados coa temática do Marín Gaming Fest destacaron o bo ambiente que houbo ao longo das dúas xornadas e o amplo abanico de idades dos asistentes.

Houbo unha moi elevada participación tanto nos torneos como no xogo libre e algunhas das propostas deste ano, como os xogos de mesa ou os xogos 'retro' tiveron moi boa aceptación.

Desde o Concello tamén quixeron poñer en valor a batalla de galos que se levou a cabo no multiusos da man de BhB Galicia e que congregou aos 32 mellores freestylers do panorama galego actual.