O resultado das obras de mellora de mobilidade e espazo urbano da Rúa da Ponte, en Marín, empeza a ser visible cos traballos xa a pleno rendemento.
A alcaldesa, María Ramallo, realizou unha visita á obra acompañada polo persoal técnico da Xunta de Galicia, administración que executa os traballos.
Xunto a ela estaban tamén o concelleiro Pablo Novas e o enxeñeiro municipal.
Estes traballos son unha continuación da actuación de mellora urbana iniciada en Concepción Arenal ao longo da PO-546, unha vía autonómica que ao remate das obras pasará a ser municipal.
En concreto, na Rúa da Ponte está a ampliarse o ancho das beirarrúas, actuando especialmente nos cruzamentos con pasos de peóns.

Vaise a renovar todo o pavimento e a zona de aparcadoiro, que se manterá no mesmo lado da rúa, elevándose á mesma altura que as beirarrúas.
O investimento total nesta actuación é de máis dun millón de euros.
A actuación está a ser executada pola empresa ORESA