Oferta de emprego na Universidade de Vigo coa convocatoria de 84 prazas para profesorado e persoal de xestión

Pontevedra
11 de outubro 2025

Con esta importante batería de convocatorias, a UVigo segue dando pasos firmes cara á consolidación do seu persoal

Adela Sánchez y Manuel Reigosa
Adela Sánchez y Manuel Reigosa / Universidade de Vigo

Este venres celebrouse o primeiro Consello de Goberno da Universidede de Vigo correspondente ao curso 2025/2026.

Foi unha longa sesión na que o punto forte estivo relacionado coa aprobación da Oferta de Emprego Público (OPE) 2025 e a convocatoria de diferentes prazas de profesorado.

A OPE propón a creación de 72 novas prazas potenciais para persoal docente e investigador dos corpos docentes: unha dela de catedrático, 32 de profesor permanente laboral e outras 39 de profesorado titular, das cales 9 destinaranse á incorporación de persoal investigador doutor.

A estas 72 prazas de nova convocatoria hai que sumar outras 30 de catedrático polo procedemento de promoción interna.

No caso del Persoal Técnico de Xestión e Administración de Servizos (PTXAS), a oferta está composta por 15 prazas: 12 de acceso libre e 3 de promoción interna. O desglose destas novas prazas concrétase en 10 prazas de acceso libre para auxiliares técnicos de servizos xerais, da subescala conserjerías -9 para a cota xeral e unha para a cota de reserva para persoas con discapacidade-; 3 de promoción interna para técnico especialista de servizos xerais -conserjería-; e 2 prazas de acceso libre de técnico especialista de tecnoloxías da información e comunicacións -subescala informática-.

Á marxe da OPE de 2025, a sesión serviu tamén para dar luz verde a outras moitas prazas derivadas das OPE de anos anteriores.

Nesta liña convócanse cinco prazas de titular de universidade na cota correspondente ao 15% da Oferta de Emprego Público do 2023 e delegación na COAP da convocatoria de mobilidade asociada. Estas prazas serán para as áreas de Bioloxía celular, arqueoloxía, microbioloxía, física da terra e enxeñaría química.

A maiores aprobouse a selección das unidades docentes e áreas de coñecemento para participar na convocatoria de prazas de Profesorado Permanente Laboral e a creación das prazas correspondentes. En total, sairán a concurso 48 prazas, 44 delas por antigüidade na acreditación e 4 discrecionais -froito dun acordo previo cos sindicatos no que se 'reserva' un 10% do total da oferta para necesidades concretas e ben xustificadas referidas, sobre todo, as necesidades docentes urxentes-.

"En total no último ano convocamos 80 prazas de Profesorado Permanente Laboral, o que para nós é unha moi boa noticia, xa que supón poder darlle aos docentes axudantes doutores a posibilidade de estabilizarse sen ter que esperar anos e anos como nos pasou a moitos antes", subliñou a vicerreitora de Profesorado e Ordenación Académica, Adela Sánchez.