Once traballadores incorporaranse en Ponte Caldelas a partir do 15 de abril

Ponte Caldelas
12 de febreiro 2017

0s once contratos serán para un condutor para a máquina varredora que se ocupa da limpeza do centro urbano, catro operarios albaneis de infraestruturas municipais e seis operarios para o desbroce e mantemento de espazos públicosión.

Andrés Diaz, con persoal municipal
Andrés Diaz, con persoal municipal / Concello de Ponte Caldelas

Das 502 persoas empregadas en 29 concellos da provincia con cargo ao Plan de Obras e Servizos (liña 3 do Plan Concellos) da Deputación Provincial, once traballarán no Concello de Ponte Caldelas a partir do próximo 15 de abril.

Segundo informou o Concello a través dun comunicado, os once contratos serán para un condutor para a máquina varredora que se ocupa da limpeza do centro urbano, con xornada de 37,5 horas semanais, catro operarios albaneis de infraestruturas municipais e seis operarios para a roza e mantemento de espazos públicos. Nestas últimas dúas modalidades, a contratación será por 35 horas semanais.

A duración dos contratos será de 10 meses para o condutor da varredora e de seis meses para o resto e percibirán os salarios establecidos no convenio sectorial: o operario da varredora cobrará 1.290,75 euros mensuais brutos (salario base, prorrateo das pagas extraordinarias e plus extrasalarial) e o resto, 1.210,67 euros brutos ao mes coa mesma distribución.

En canto ás condicións non salariais, os traballadores terán tamén recoñecidos os dereitos recollidas no convenio colectivo do persoal laboral do Concello de Ponte Caldelas.

A selección das persoas que se beneficiarán destes contratos farase a partir da listaxe que remitan os Servizos Públicos de Emprego. O Concello garante a transparencia e para elo ten o costume de solicitar que participe no procedemento un técnico da Deputación.