A concellería de Limpeza viaria, dirixida por Xaquín Moreda, realiza esta primeira semana de febreiro unha operación de limpeza na rúa Eduardo Pondal.
A intervención engloba toda a vía, dende a Rúa daEstación ata a rotonda de Doce de novembro, nos dous lados da estrada.
Este traballo realizarase o xoves 6 de febreiro.
Para a realización da limpeza viaria, a rúa estará valada polo que quedará prohibido estacionar os vehículos nas horas previas aos traballos.
Debido a este operativo os turismos aparcados serán retirados pola guindastre municipal.
A intervención levarase a cabo con máquinas de varrer e tamén limpiadoras de auga a presión para asegurar a limpeza de toda a rúa, incluíndo a beiravía e a calzada.
A concellería invita aos residentes a colaborar, así como aos condutores, para garantir un bo resultado.
Asimesmo, piden desculpas polos problemas que poidan ocasionar estas operacións de limpeza viaria que se desenvolven periodicamente.