O Edificio Castelao do Museo de Pontevedra foi escenario este sábado da presentación de 'Cen mulleres que opinan. Un diario de opinións perigosas'.
Unha publicación que nace dos testemuños das cen mulleres que participaron desde 2018 no foro 'As mulleres que opinan son perigosas', impulsado polas xornalistas locais Susana Pedreira e Diana López e que aspira a seguir removendo conciencias.
O libro que agora ve a luz conta cunha tirada inicial de 1.500 exemplares e ilustracións de Bea Gregores.

Conta ademais, segundo explicaron as súas responsables, con cen páxinas en branco para que as lectoras poidan tamén plasmar as súas propias opinións.
Na xornada participan ademais dúas voces destacadas como as xornalistas Olga Viza e Marta García Aller, acompañadas nunha charla pola locais María Varela e María Hermida.
Tamén se presentaba o documental 'Cen Mulleres que opinan', completando unha xornada de celebración ao redor dun foro que aínda ten moito que contar e que ofrecer.
