Organizan un curso para reducir os niveis de estrés na crianza

Pontevedra
27 de outubro 2021

A Concellería de Benestar Social, que dirixe o socialista Marcos Rey, porá en marcha a vindeira semana o curso de balde Criar Felices, co obxectivo de axudar ás familias e persoas coidadoras de nenos de 0 a 6 anos a reducir os seus niveis de estrés na crianza

Estrés Firesam!

A Concellería de Benestar Social, que dirixe Marcos Rey, porá en marcha a vindeira semana o curso de balde Criar Felices, co obxectivo de axudar ás familias e persoas coidadoras de nenos de 0 a 6 anos a reducir os seus niveis de estrés na crianza, buscando o correcto desenvolvemento infantil, o coidado da saúde emocional dos proxenitores e a instauración de fundamentos estables nas familias.

Marcos Rey lembra que "toda a familia en si é un contexto educativo, no que nos atopamos con múltiples patróns, e con este curso imos centrarnos naquelas que posúen de menos recursos, xa que é responsabilidade dos poderes públicos apoialas coas medidas axeitadas, fomentando a conciliación e a corresponsabilidade entre homes e mulleres". 

"Temos que ofrecerlles a todas e todos unha garantía de igualdade de oportunidades, xa que, con independencia do modelo de familia, debe existir un piar fundamental para a individualidade e un espazo privilexiado para a educación, a protección e a seguridade", asegura o concelleiro do PSOE.

Os talleres serán impartidos pola empresa de coaching Fuera de Caja e desenvolveranse na Sala Valdecorvos da Casa Azul (rúa Sor Lucía, 2) entre os días 3 de novembro e 20 de decembro, en 12 sesións con dúas quendas (de mañá e de tarde) e un máximo de 10 participantes por quenda.

O curso celebrarase tódolos luns e mércores, en horario de 10:30 a 12:00 horas na quenda de mañá e de 16:30 a 18:00 horas na quenda de tarde. Todas aquelas persoas interesadas en participar deberán inscribirse previamente a través do teléfono/whatsapp 607 323 458 ou no email marta@fueradecaja.es (aceptaranse inscricións unha vez iniciada a actividade).