Os camións fan caso omiso da sinalización en Leborei

Pontevedra
12 de abril 2024
Actualizado: 30 de setembro

Leborei volve estar atrancado. "Queremos de novo denunciar o caos que segue habendo no lugar. Desde as 8 da mañá, os camións, furgóns... pásanse por alto a sinalización que se puxo recentemente"

Un camión no vial de Leborei
Un camión no vial de Leborei / Asociación O Chedeiro

Leborei volve estar atrancado. "Queremos de novo denunciar o caos que segue habendo no lugar. Desde as 8 da mañá, os camións, furgóns... pásanse por alto a sinalización que se puxo recentemente".

Así o denuncia a asociación O Chedeiro que este xoves deixaba patente o seu malestar ante esta situación.

Aínda que o Concello de Pontevedra sinalizou o vial neste punto da parroquia de Cerponzóns, os veciños denuncian que os camións seguen atravesando esta estrada, algúns buscando un atallo e outros confundidos polo GPS que marca este roteiro como unha conexión entre a estrada de Santiago, a N-550, e a de Vilagarcía, a PO-531.

Os camións utilizaban o tramo coma se tratásese dunha zona de circunvalación pero ao chegar ao momento máis estreito os condutores ven obrigados a retroceder porque o ancho da vía non permite o seu paso. Desta forma, teñen que manobrar con dificultades e dar marcha atrás para poder saír desta pequena pista.

O caso é que este camiño veciñal segue soportando un importante fluxo de tráfico con risco tanto para peóns como para outros vehículos.