Os ciclistas 'toman o mando' da cidade cunha nova pedadala popular

Pontevedra
06 de maio 2018

Un percorrido urbano duns seis quilómetros foi o escenario para unha xornada de convivencia sobre as dúas rodas, na súa maioría pais e nais cos seus fillos, que contou co aliciente dun asollado día e as agradables temperaturas da xornada

Pedalada popular polas rúas de Pontevedra Diego Torrado

Ciclistas de todas as idades encheron este domingo as rúas de Pontevedra para participar na pedadala popular que, anualmente, organiza Pedaladas para promover o uso da bicicleta na cidade.

Un percorrido urbano duns seis quilómetros foi o escenario para unha xornada de convivencia sobre as dúas rodas, na súa maioría pais e nais cos seus fillos, que contou co aliciente dun asollado día e as agradables temperaturas da xornada.

Os participantes, tras saír da avenida Montero Ríos, pasaron por Riestra, Augusto González Besada, Praza de Galicia, Andrés Mellado, Peregrina, Avenida de Vigo e Germán Adrio, onde se produciu o primeiro reagrupamiento dos ciclistas.

A continuación, dirixíronse a Eduardo Pondal, Uxío Novoneira, Joaquín Costa, Travesía da Eiriña, Loureiro Crespo, Benito Corbal, Cobián Roffignac, Cruz Vermella, Padre Gaite, Pontes dos Tirantes, Rafael Areses, Juan Manuel Pintos, Domingo Fontán, a Ponte das Correntes, Avenida de Uruguai, Galera, Arcebispo Malvar, Praza de España, de novo, Montero Ríos.

Na pedalada púidose ver bicicletas convencionais e tamén modelos adaptados a persoas con mobilidade reducida, reafirmando o carácter inclusivo e familiar do evento.

Como novidade, este ano a ruta atravesou un pequeno tramo en carril-bici para reivindicar que formen parte do modelo urbano de Pontevedra.