Os cidadáns tamén aplauden o traballo dos militares na cidade

Pontevedra
18 de marzo 2020

Desde a base militar de Figueirido, sede da Brilat, agradecen estas mostras de recoñecemento e agarimo da poboación

Efectivos da Brilat entran no club de Campolongo para identificar puntos sensibles / PontevedraViva

Desde o amencer o club social-deportivo militar de Campolongo converteuse en área loxística para a Brilat que está despregada para colaborar no cumprimento das medidas fixadas no estado de alarma. Un emprazamento que en condicións normais é referencia para o esparexemento do colectivo castrense, é este mércores unha trasfega de entrada e saída de todoterreos militares, así como de efectivos que saen do recinto a pé cara ás áreas que lles son asignadas.

Foi nunha destas saídas a pe cando veciños da contorna asomados ás súas xanelas aplaudían a estes efectivos para recoñecer o servizo que están a prestar á sociedade. Desde a base militar da BRILAT en Figueirido manifestaban o seu agradecemento por este tipo situacións: "contar co agarimo da poboación é para nós noso mellor alimento".

Inicialmente este centro de Campolongo seguirá sendo unha área loxística durante esta xornada do mércores e a do xoves, "a priori, porque a situación é cambiante" como sinalan as fontes militares. Se  despliguegan ao amencer e se repliegan avanzada a noite. Desde este lugar se  distribuen en tres áreas de actuación: a de Campolongo, unha segunda contorna á Ferrería e Peregrina e unha terceira nos arredores da praza de touros e a Alameda.