A festa de San Patricio que se celebra nunha carpa da praza de España para recadar fondos para o Mareantes Rugby Club está causando receos entre os hostaleiros do casco histórico de Pontevedra. Non se mostran molestos pola iniciativa en si ("o que sexa apoiar ao rugby parécenos unha boa idea", sinala un dos empresarios), pero si por algunhas das actividades paralelas como a retransmisión que farán o domingo 23 do partido de fútbol entre o Madrid e o Barça.
Os hostaleiros consultados prefiren manter o anonimato por temor a que as súas críticas poidan sufrir algún tipo de represalia, pero si falan abertamente delas. Aseguran que "por un día que nosotros conseguimos hacer dinero no nos parece normal que ellos puedan poner el partido. Con esto se nos van a vaciar los locales".
As críticas non van diriridas ao club organizador, senón ao Concello de Pontevedra "por permitir que lo hagan", pois queixanse de que "les dejan hacer cualquier cosa sin control". Así, indican que "nosotros pagamos nuestros impuestos todo el año y si alguno quisiese sacar una televisión a la calle para poner el partido seguro que no nos dejarían".
Hostaleiros do casco histórico: "Tendrían que consensuarlo con nosotros, con el sector"
Un dos empresarios consultados, da rúa Real, mesmo mostra as súas reservas sobre a legalidade de que nunha carpa instalada para unha festa de gastronomía se poida retransmitir un partido de fútbol dunha cadea de pagamento como Canal + e recoñece suspicacias sobre se se pagou por ese servizo: "nosotros pagamos todos los meses casi 300 euros por el servicio. ¿Ellos pagan?".
Ao respecto, fontes do Mareantes consultadas sobre a polémica sinalan que "no se trata de intentar aprovecharlo, sino de que no se vacíe la carpa" e aclaran que pagaron o paquete completo da Canal + necesario para a retransmisión dun partido de fútbol en locais de hostalaría.
Os hostaleiros 'cabreados' con esta situación só elevaron as súas críticas ao Concello como Administración á que dirixen a súa indignación a titulo particular, pero varios máis sinalan que se formularon facelo. De cara a este ano seguramente non adopten medidas, pero si adiantan que de cara á próxima edición desta carpa de San Patricio pedirán máis control.
Ao respecto, explican que "lo que nos parece mal no es que se haga", pero si consideran que "tendrían que consensuarlo con nosotros, con el sector" porque "nos afecta directamente". Este consenso creen que debería buscarse tanto para a retransmisión en concreto dun partido de fútbol como para as características en si da propia festa, tanto en canto a detalles da organización coma a datas e horarios.