Os ladróns deixan pelada unha tenda de depilación

Pontevedra
10 de maio 2013

Os ladróns forzaron o fecho do establecemento, na avenida de Vigo, na noite do mércores ao xoves e arrasaron con todas as máquinas especializadas das que dispoñen, se ben deixaron o resto do mobiliario intacto. Os responsables valoran o botín nuns 48.000 euros, ao faltar dous aparatos valorados en 21.949 euros cada un

Un centro de depilación da avenida de Vigo quedou totalmente pelado na madrugada do mércores ao xoves. Os ladróns arrasaron con todas as máquinas especializadas das que dispoñen, se ben deixaron o resto do mobiliario intacto. Os responsables valoran o importe do botín nuns 48.000 euros.

O establecemento afectado é 'No+Vello', situado xusto ao lado da ponte da avenida de Vigo e veciños e comerciantes da zona relatarno que os ladróns foron tan cautelosos que mesmo evitaron ser vistos polos responsables e clientes do bar situado xusto en fronte, que do mércoles ao xoves pechou arredor das 2.00 horas da madrugada.

Fontes próximas ao caso relataron que o roubo tivo que cometerse entre as 21.00 horas do mércores e as 9.50 horas do xoves, entre a hora do peche do negocio e a apertura deste ao día seguinte. Cando os traballadores chegaron pola mañá encontráronse con que o fecho estaba forzado, pero a porta non estaba rota nin o establecemento revolto.

No local foran subtraídos dúas máquinas especializadas en fotodepilación valoradas en 21.949 euros cada unha, tres maletíns con material valorados en 1.170 euros cada un e uns 700 euros en metálico que había na caixa. O botín total ascende a uns 48.000 euros.

Fontes consultadas indicaron que o roubo non puido realizalo unha soa persoa e que tiveron que utilizar algún vehículo, pois as dúas máquinas subtraídas miden 1,40 metros de alto e 0,40 de ancho. Ademais, actuaron con cautela, pois forzaron o fecho sen deixar pegadas aparentes e tan só se llevaro os obxectos de maior valor, deixándose atrás outros como un microondas, unha cafeteira ou un equipo de música.

Segundo denunciou a responsable do negocio, a porta deste está blindada e o local carece de alarma ou cámaras de seguridade. Nos dous últimos días permaneceu pechado e todos os seus clientes tiveron que ser avisados para cancelar as súas citas á espera de que as máquinas subtraídas sexan repostas.

O roubo foi denunciado na Comisaría da Policía Nacional e desprazáronse ata o establecemento axentes do equipo de Policía Científica. Abriuse unha investigación policial para tratar de localizar os seus responsables.