Os xogos de mesa 'toman' o museo Manuel Torres

Marín
06 de novembro 2022

As desta fin de semana foron unhas tardes de xogo en Marín. Numerosas persoas participaron nas primeiras Ludoxornadas que se organizan no municipio que, nesta ocasión, estiveron dedicadas aos xogos de mesa

Participantes nas Ludoxornadas de Marín
Participantes nas Ludoxornadas de Marín / Concello de Marín

As desta fin de semana foron unhas tardes de xogo en Marín. Numerosas persoas participaron nas primeiras Ludoxornadas que se organizan no municipio que, nesta ocasión, estiveron dedicadas aos xogos de mesa. 

Organizadas pola asociación Tempus Ludit, os xogadores acudiron ao Museo Manuel Torres para poder xogar a case sesenta xogos diferentes.

1960, 7 wonders, Alta tensión, Altiplano, Dragon Castle, Emporion, Hanabi, Pajarracos, Patchwork ou Virus son algúns dos xogos que se ofreceron neste certame.

Nas Ludoxornadas non houbo límite de idade para participar, máis aló do que marcaban os propios xogos, dos que a xente puido gozar de maneira libre.