Nin a chuvia nin o vento puido cos membros da asociación A Rosa dos Ventos, que segundo estaba previsto, protagonizaron unha nova papanoelada moteira por todo o municipio.
A ruta partiu ás cinco da tarde desde A Reiboa, en San Xoán.
A comitiva, todos vestidos co traxe típico deste personaxe do Nadal, percorreu todas as parroquias do municipio, con parada en Combarro.
O obxectivo era seguir contaxiando a ilusión e a maxia do Nadal entre a veciñanza.
Esta papanoelada moteira é unha das citas tradicionais do Nadal en Poio.
Nela, non faltaron a música, os caramelos e a animación, así como a degustación de callos e chocolatada para as persoas participantes.
Houbo ademais trofeos e premios ás tres motociclistas mellor adornadas do evento.