Un home de 78 anos faleceu na tarde deste xoves tras ser atropelado por un turismo na estrada N-554 en Vilaboa.
O sinistro rexistrouse sobre as 19.00 horas deste xoves no punto quilométrico 2,100 da estrada nacional, entre a rotonda e a Casa dous Druídas.
Segundo a información facilitada pola Garda Civil, o home "cruzaba por lugar non habilitado" para o paso de peóns.
Foi arrolldo por un turismo e, segundo informou a Garda Civil, o condutor e ocupantes do coche resultaron ilesos.
Outras fontes consultadas indican que o falecido é un veciño da zona e residía a escasos metros do lugar do sinistro.
Era, segundo esas fontes, un antigo xuíz de paz de Vilaboa.
Varias persoas alertaron do suceso mediante as súas chamadas ao 112 Galicia.
Segundo a información facilitada polo Centro Integrado de Atención a Emerxencias de Galicia, foron mobilizados profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, axentes da Garda Civil de Tráfico e os voluntarios de Protección Civil da localidade.
Desde a Garda Civil lembran á cidadanía a importancia de levar un chaleco reflector cando se camiña pola estrada como peón.