O chef estrela Michelin Pepe Vieira ofrecerá o 24 de decembro, o día de Noiteboa, no comedos social do convento de San Francisco de Pontevedra, unha comida solidaria para as persoas máis desfavorecidas.
O equipo do restaurante servirá máis de 100 pratos no comedor social rexido polo pai Gonzalo.
O menú estará composto de dous pratos. De primeiro haberá cabaciña rechea de bacallau á allada arrieira, e de segundo, canelóns de capón con cogomelos e trufa. Tamén haberá unha sobremesa típica da época, un tronco de Nadal.
Servirán a uns 160 comensais que pasarán polo comedor en grupos de 66 persoas desde as 13 horas ata o peche do servizo, sobre as 15 horas.
O gran labor que realiza o pai Gonzalo e os seus colaboradores diariamente no comedor é o traballo que desde Pepe Vieira se quixo enxalzar e apoiar con este menú solidario nunhas datas tan sinaladas como é o Nadal.