A poesía faise forte na UNED de Pontevedra

Pontevedra
23 de xaneiro 2026
Actualizado: 17:09

O centro universitario ofrecerá un obradoiro de poesía que se desenvolverá desde o 26 de xaneiro até o 11 de maio con posibilidade de participación tanto presencial en UNED Pontevedra como online

Sede da UNED en Pontevedra
Sede da UNED en Pontevedra / Cristina Saiz

A Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED) en Pontevedra, a través do programa de Extensión Universitaria que coordina Rafael Cotelo Pazos, pon en marcha un Obradoiro de Poesía.

Trátase dunha actividade dirixida todas as persoas interesadas en explorar e profundar na linguaxe poética desde unha perspectiva persoal e creativa, afirma o centro universitario.

Desenvolverase desde o 26 de xaneiro até o 11 de maio con posibilidade de participación tanto presencial en UNED Pontevedra como online.

Dirixido por Sara Núñez de la Fuente, profesora da Facultade de Educación da UNED, o taller de poesía está deseñado para que os participantes busquen e desenvolvan a súa propia voz poética.

Traballarase a escritura, lectura, corrección e reflexión sobre textos poéticos, con especial atención á relación entre emoción e linguaxe

A metodoloxía combina sesións en directo vía Microsoft Teams coa posibilidade de acceder ás gravacións en diferido.

O programa contempla unha serie de encontros semanais que tratarán temas como o 'estado prepoético' e a xeración da linguaxe creativa; rima, métrica e evolución das formas poéticas; poesía e cotidianidad: conexións entre vida e escritura; e poesía e compromiso: diálogos entre expresión e realidade.

A matrícula pode formalizarse en liña.