Poio continúa co reparto de mascarillas no municipio

15 de abril 2020

Nos últimos días xestionáronse unhas 7.000 unidades, dando prioridade a persoal municipal que traballa en primeira liña, comerciantes, profesionais do sector pesqueiro e maiores de 65 anos

Reparto de mascarillas Concello de Poio

Os efectivos da agrupación de Protección Civil de Poio está a facer a entrega de mascarillas vivenda por vivenda en todo o municipio.

Nos últimos días xestionáronse unhas 7.000 unidades, dando prioridade a persoal municipal que traballa en primeira liña, comerciantes, profesionais do sector pesqueiro e maiores de 65 anos.

Ademais, o persoal municipal tamén dispón deste material para garantir a súa seguridade mentres desenvolve tarefas vencelladas a servizos básicos ou seguridade cidadá.

Durante os vindeiros días continuarase co reparto doutras 20.000 mascarillas mercadas a unha empresa especializada.

Por outra banda, o Concello agradeceu aos propietarios do Bar A Seca a doazón dun lote de alimentos, de xeito altruísta, ao departamento de Servizos Sociais. Estes produtos repartiranse entre as familias máis necesitadas.