A Policía Local de Pontevedra pecha a súa campaña de control a VMP e bicicletas con 20 sancións

Pontevedra
01 de decembro 2025

A mobilidade urbana vivirá un xiro importante a partir do 2 de xaneiro de 2026, cando entren en vigor as novas medidas da Dirección Xeral de Tráfico

Patinete eléctrico
Patinete eléctrico / Mónica Patxot

A Policía Local de Pontevedra finalizou o pasado 23 de novembro a súa campaña específica de vixilancia e control de vehículos de mobilidade persoal (VMP) e bicicletas, desenvolvida entre os días 17 e 23 do mesmo mes. Durante a semana de supervisión, os axentes controlaron preto dun centenar destes vehículos, propondo para sanción a un total de 20 usuarios.

O balance revela unha repartición equitativa de infraccións: dez sanciones para usuarios de VMP e dez para ciclistas. A infracción máis habitual foi a circulación pola beirarrúa, unha práctica detectada en 5 VMP e 6 bicicletas, a pesar de estar expresamente prohibida pola normativa de tráfico.

O resto de sancións distribuíronse do seguinte modo: dous positivos en drogas entre ciclistas, cinco sanciones a condutores de VMP por non respectar a sinalización, unha sanción a un ciclista polo uso do teléfono móbil e outra por circular con auricular.

Desde o Concello remárcase a importancia de reforzar a seguridade viaria e de que todos os usuarios coñezan as normas de circulación e as limitacións de cada tipo de vehículo. Ademais, a Policía Local mantén habilitado un correo de atención para resolver dúbidas sobre o uso de VMP e bicicletas.

A mobilidade urbana vivirá un xiro importante a partir do 2 de xaneiro de 2026, cando entren en vigor as novas medidas da Dirección Xeral de Tráfico destinadas a reforzar a seguridade dos peóns e ordenar o uso de patinetes, bicicletas e outros vehículos lixeiros.

A principal novidade é que os patinetes eléctricos pasarán a ter obrigacións moi similares ás de calquera vehículo a motor. A Lei 5/2025, xa publicada no BOE, esixe que todos os que entren na categoría de vehículo persoal lixeiro (VPL) conten con seguro obrigatorio e estean inscritos no Rexistro de Vehículos da DXT, coa súa correspondente etiqueta identificativa. A sanción por incumprilo pode chegar aos 1.000 euros.

Por primeira vez, a norma define con claridade que é un VPL que descrebe coma vehículos dunha praza, cun ou máis motores eléctricos e que circulen entre 6 e 25 km/h se pesan menos de 25 quilos, ou entre 6 e 14 km/h se os superan. É dicir, practicamente a totalidade dos patinetes eléctricos actuais. A DXT tamén pon coto ás modificacións ilegais que permiten a algúns usuarios alcanzar máis de 60 km/h e apunta que calquera patinete que exceda as características técnicas quedará fóra de circulación.

A visibilidade será outra peza clave. Os patinetes deberán levar as luces acesas sempre, e os repartidores —xa sexa a pé de pedal, en patinete ou en moto— terán que usar chaleco reflector en todo tipo de vías. Ademais, os coches terán prohibido parar ou aparcar xunto aos pasos de peóns, para facilitar a visibilidade do peón.

A reforma tamén introduce cambios para outros usuarios, entre outros, que os ciclistas deberán levar sempre casco, sen excepcións médicas; poderán, iso si, circular en paralelo pola beiravía. Os patinetes e demais VMP non poderán usar os carrís VAO, unha infracción que custará 200 euros. E aclárase que os dispositivos de mobilidade persoal que avancen a velocidade de peón por mobilidade reducida serán considerados como tal.

Outra das grandes novidades chega ao uso do cinto de seguridade. Profesores de autoescola, taxistas e repartidores deberán abrocharlo tamén en cidade, algo que até agora non era obrigatorio. Só mantéñense exentos os ocupantes de vehículos de emerxencia e os menores de 1,35 metros que viaxen en taxi, sempre nos asentos traseiros.