Polo río arriba van... 75 novas troitas

Ponte Caldelas
16 de maio 2019

O río Verdugo ten desde este xoves 75 novos habitantes: troitas que soltou o alumnado de Primaria do colexio Cordo Boullosa de Ponte Caldelas. Trátase de 75 exemplares de troita adulta que soltaron augas arriba da praia da Calzada, con vistas á repoboación do río xusto antes do concurso de pesca da Festa da Troita 

Escolares do colexio Cordo Boullosa de Ponte Caldelas
Escolares do colexio Cordo Boullosa de Ponte Caldelas / Concello de Ponte Caldelas

O río Verdugo ten desde este xoves 75 novos habitantes: troitas que soltou o alumnado de Primaria do colexio Cordo Boullosa de Ponte Caldelas

Trátase de 75 exemplares de troita adulta que soltaron augas arriba da praia da Calzada, con vistas á repoboación do río xusto antes do concurso de pesca da Festa da Troita. Os peixes son unha achega do Servizo de Conservación da Consellería de Medio Ambiente.

Ademais de contribuír a repoboar o río, os escolares tiveron ocasión de coñecer de preto as súas características e comportamento no entorno natural.

Ao acto asistiu o alcalde, Andrés Díaz; o director do colexio, Manuel Barreiro; e o presidente da Sociedade de Caza e Pesca Verdeseixo, Lino Mariño.