A poboación de Ponte Caldelas acumula o seu terceiro ano consecutivo de crecemento. O INE fixo público un estudo sobre a poboación dos concellos e confirma que o número de habitantes do municipio caldelano creceu durante o 2019 en 37 persoas con respecto ao ano anterior.
Desde o goberno local ligan este dato coa promoción dun "concello vivo, activo e dinámico que fai que sexan moitas as persoas que queren vivir neste municipio e que as que xa están non se queiran ir". E poñen en valor que, nun contexto xeneralizado de perda de poboación nos concellos do rural, "Ponte Caldelas consegue desmarcarse e gañar poboación ano a ano".
A pesar dos datos positivos, o municipio non é alleo a envellecemento xeral que afecta a todo o conxunto do país. No último ano rexistrou 61 falecementos, por 30 nacementos.