O alumado navideño xa está sendo instalado nas rúas de Pontevedra.
Nos últimos anos o Concello decidiu adiantar o aceso das luces de Nadal aos primeiros días de decembro.
O adianto non encarece demasiado a factura polo consumo eléctrico xa que se substituíron as vellas bombillas incandescentes por outras de última xeración que optimizan o consumo enerxético.
Iso si, mantense a decisión de reducir o número de horas diarias en que permanecen acesas, supeditándoas ao horario comercial, excepto os días de Noiteboa, Fin de Ano e Reis.
A colocación dos arcos de luz arrincou polo paseo de Colón, e continuará por Rosalía de Castro, Loureiro Crespo ou a avenida de Vigo, entre outras rúas, ademais do casco histórico. No resto de rúas da cidade a decisión de colocar ou non alumado navideño recae directamente nos comerciantes.
O Concello contrata nunha mesma partida orzamentaria a iluminación navideña, a do Carnaval e a das festas da Peregrina, así como a inspección técnica das atraccións instaladas en agosto.