A Xunta de Goberno local celebrada este luns aprobou, entre outros asuntos, o inicio do expediente de contratación das obras de reparación e acondicionamento nas vías e espazos públicos do rural. Este contrato ten un orzamento que ascende a 1.082.948 euros e un prazo de duración de tres anos.
Hai que lembrar que este contrato posibilitará facer fronte a todas as incidencias e reparacións que fosen necesarias no ámbito rural durante o período de tres anos, o que permitirá atender bacheos, reparacións de pavimentos, sinalizacións horizontais e verticais, pintados, balizamentos, rozas, limpezas, retirada de entullos caídos ás vías municipais ou melloras na rede de augas pluviais, entre outras actuacións.
A concelleira de Protección Cidadá, Eva Vilaverde, que actuou como portavoz do Goberno explicou que "o servizo de Contratación foi acordado por este Concello como un servizo esencial e está traballando con todo aquelo que se pode ir acordando". Vilaverde matizou que os trámites das contratacións "se paralizarán no momento en que cheguen á fase de publicación do anuncio".