Pontexogos percorrerá a partir desta fin de semana as diferentes parroquias de Pontevedra

Pontevedra
15 de decembro 2021

Os tentáculos da diversión do programa Pontexogos 2021 estenderanse a partir desta fin de semana por diferentes parroquias de Pontevedra

Decoración do Mercado de Abastos de Pontevedra
Decoración do Mercado de Abastos de Pontevedra / PontevedraViva

Os tentáculos da diversión do programa Pontexogos 2021 estenderanse a partir desta fin de semana por diferentes parroquias de Pontevedra. 

Ao igual que acontecerá en Raíña Vitoria, as Galerías Oliva ou os barrios de A Parda e Monte Porreiro, a Concellería de Promoción Económica e Turismo, que dirixe a socialista Yoya Blanco, tamén despregará no noso rural unha batería de obradoiros vencellados co Nadal, nos que os máis pequenos poderán pasalo en grande con actividades como manualidades, xogos ou música.

O programa de talleres de Nadal desenvolverase en horario de tarde, entre as 16:00 e as 20:00 horas, e dará comezo o sábado 18 decembro ao Centro Cultural e Social de Ponte Sampaio; o 22 decembro no Local Social de Verducido; o 23 decembro no Centro Cultural de Lérez; o 30 decembro no Teleclub de San Andrés de Xeve e o 4 xaneiro no Centro Social de Cerponzóns.

Tal e como avanza a concelleira Yoya Blanco, "para levar a cabo estes talleres contaremos cunha carpa móbil e dous monitores de tempo libre que se trasladarán a cada parroquia".