Primeiro cheo da tempada na illa de Ons

Pontevedra
21 de xuño 2023

1.300 visitantes tramitaron a súa reserva inaugurando así o primeiro cheo na Illa de Ons coa chegada do verán

Pasaxeiros embarcando cara Ons desde Pontevedra
Pasaxeiros embarcando cara Ons desde Pontevedra / Naviera Mar de Ons

A Illa de Ons colgou o cartel de completo para este mércores 21 de xuño coincidindo co inicio do verán en vésperas da fin de semana de San Xoan. 

Ons é a segunda illa con máis demanda do Parque Nacional das Illas Atlánticas,

As 1.300 prazas dispoñibles foron reservadas de forma anticipada polos viaxeiros, poñendo de manifesto unha tempada máis que o Parque Nacional é un dos destinos máis demandados na comunidade galega durante os meses de verán.

Ademais de Sanxenxo e Portonovo, desde este sábado 24 de xuño Navieira Mar de Ons realiza saídas a diario tamén desde os portos de Combarro e Bueu, e desde o de Pontevedra haberá dispoñibilidade todos os sábados e domingos. Desde o porto de Vigo as saídas diarias comezarán o 1 de xullo, e este domingo para atender a demanda, a navieira tamén as poñerá en marcha. 

A día de hoxe, son máis de 9.000 persoas as que xa realizaron a súa reserva para gozar en xuño da Illa de Ons, segundo datos da Central de Reservas da Xunta de Galicia.