Prisión provisional sen fianza para o detido por ferir de madrugada dous irmáns cunha arma branca

Pontevedra
04 de febreiro 2025
Actualizado: 22:52

A maxistrada acordou o seu ingreso en prisión provisional como investigado por un presunto delito de homicidio en grao de tentativa

Xuzgado de A Parda
Xuzgado de A Parda / Mónica Patxot

A maxistrada do Xulgado de Instrución 1 de Pontevedra decretou o ingreso en prisión do mozo de 18 anos detido por ferir con arma branca dúas persoas na pontevedresa praza de Valentín García Escudero.

O suceso tivo lugar a madrugada do pasado domingo 2 de febreiro.

O presunto autor dos apuñalamentos foi arrestado pouco despois da liorta por axentes municipais, tras buscalo polas inmediacións da praza.

Agora, tras permanecer dous días en dependencias da Policía Nacional, foi posto a disposición xudicial.

O resultado é o seu ingreso en prisión provisional comunicada e sen fianza, segundo decretou a xuíza.

Está a ser investigado por un presunto delito de homicidio en grao de tentativa.

Os feitos que se investigan ocorreron sobre as 3.00 horas da madrugada do domingo, cando supostamente o mozo detido acoitelou cunha arma branca dúas persoas, irmáns, que tiveron que ser trasladados ao Hospital Montecelo.

Un dos feridos recibiu as alta horas despois, mentres que o outro tivo que quedar ingresado no hospital pontevedrés para recuperarse das feridas causadas na agresión.