Programan os traballos de reparación urxente do paseo da praia do Santo

Marín
20 de abril 2023

Fontes municipais aseguraron que xa eran conscientes de que ía empeorando e por iso decidiron tomar medidas nesta cuestión, con obxectivo de tratar de manter o paseo

A portavoz do BNG de Marín denunciou o mal estado do paseo de acceso á praia do Santo
A portavoz do BNG de Marín denunciou o mal estado do paseo de acceso á praia do Santo / BNG de Marín

O Concello de Marín informou este xoves sobre a situación na que se atopa o paseo da praia do Santo. 

Fontes municipais aseguraron que xa eran conscientes de que ía empeorando e por iso decidiron tomar medidas nesta cuestión, con obxectivo de tratar de manter o paseo.

O problema que se detecta nesta infraestructura é "a súa ubicación e orientación", que provoca que sufra máis en cada inverno. 

Tal e como explica o Concello, "solicitouse unha reparación de emerxencia para soster o paseo e tratar de fizar a estrutura sen xerar maior prexuizo".

Neste momento, esas obras estar xa orzamentadas e pendentes de iniciarse "á maior brevidade posible, probablemente cara finais de mes". 

Cara o futuro, precísase a man de Costas, administración competente neste eido, para ser quen de realizar unha inversión máis acorde co entorno e que non se xeren máis complicacións nos invernos que veñan.