O PSOE quere que a Xunta amplíe a dragaxe ata a ponte dos Tirantes e que analice a toxicidade dos lodos

Pontevedra
13 de maio 2025
Actualizado: 15:43

Tamén pide que acometa unha dragaxe puntual na contorna do Porto Deportivo, recuperando urxentemente o calado preciso nos pantaláns hoxe inutilizados

Iván Puentes, portavoz do grupo municipal do PSOE
Iván Puentes, portavoz do grupo municipal do PSOE / Pablo Ajuria / Brais Porto

O grupo municipal do PSdeG-PSOE presentou unha serie de emendas á proposición do Partido Popular relativa ao depósito dos áridos da dragaxe do río lérez.

Segundo informou este martes en rolda de prensa o portavoz local do PSOE, Iván Puentes, o seu grupo defenderá no vindeiro pleno municipal una emenda de adición na que propón que o Concello de Pontevedra inste a Portos de Galicia a atender as reivindicacións do Clube Naval de Pontevedra.

Así, os socialistas queren que a Xunta, con carácter previo á dragaxe xeral proposta para o Lérez, acometa unha dragaxe específica na contorna do Porto Deportivo, recuperando urxentemente o calado preciso nos pantaláns, hoxe inutilizados.

Ademáis, a moción do PSOE tamén insta á Xunta de Galicia a incluír nos estudos técnicos previos ao novo proxecto de dragaxe do Lérez a ampliación da zona de dragaxe ata a Ponte dos Tirantes, co fin de incluíla posteriormente no novo proxecto que redactará o goberno galego, e recuperar ambientalmente e para usos deportivos a zona máis urbana do río.

Iván Puentes tamén anunciou que a moción quere que o Concello inste á Xunta de Galicia e ao Goberno de España a que se "analice rigorosamente a composición dos sedimentos a extraer do río Lérez".

O PSOE propón o tratamento dos lodos en terra, en lugar de depositalos no mar, no caso de que atopen neles residuos contaminantes que excedan os límites legalmente permitidos para a súa clasificación como materiales de dragaxe de categoría A ou B.

Con respecto do punto de vertedura dos áridos do Lérez situado no exterior da Illa de Sálvora, os socialistas recordan que esa alternativa será viable sempre e cando os lodos extraídos sexan de categoría A o B (materiais limpos e/ou con test negativos de toxicidade sobre a biota mariña).

Ao ler a moción presentada polo PP, Iván Puentes dixo ter moi claro que os 'populares' están "sentando as bases dunha nova escusa para volver atrasar a dragaxe do río Lérez", xa que "só neste sentido se entende que, fronte a un informe técnico que sinala tres posibilidades de vertido e que abre as portas, implicitamente, ao tratamento en terra, o PP se emperre en levar os depósitos ao punto tradicional de Sálvora, que é o xera conflito social e problemas desde o principio".

Puentes destacou que á hora de escoller o punto de vertido outras condicións a ter en conta son a afección ambiental, a distancia sobre as zonas a protexer e a interacción con outras actividades mariñas, particularmente o marisqueo. Así o sinala o informe que elaborou o Centro de Estudios y Experimentación de Obras Públicas (CEDEX), dependente do Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible.