RADIO.- As deliciosas historias dunha muller brava

Pontevedra
20 de maio 2017

Beatriz Campos é unha polifacética actriz que atesoura infinidade de historias. Non só as que conta profesionalmente ao seu público, senón tamén as que acumula da súa vida. Nesta Playlist de PontevedraViva Radio relátanos un bo puñado delas. E coidado, engánchate desde o minuto uno.

Beatriz Campos na Playlist de PontevedraViva Radio
Beatriz Campos na Playlist de PontevedraViva Radio / Pontevedraviva

Beatriz Pilar e Alba Tamara eran dúas nenas que gozaron dunha feliz infancia xunto a mamina e papino...un idílico conto? si, e tamén o inicio do relato da protagonista desta Playlist de PontevedraViva Radio. A actriz Bea Campos é unha muller brava que deixou na súa adolescencia San Xurxo de Sacos para trasladarse coa súa familia a Monte Porreiro. Unha todoterreo que encandea cos seus relatos cal Hamelin coa súa frauta.

Mamó a animación infantil dos seus pais: Migallas Teatro e a literatura infantil de Kalandraka e a súa defensora Manuela. Por un comentario do seu papino estudou Turismo. Non foi prolongada esa experiencia profesional, pero chegou a meter a un grupo de turistas na Catedral compostelá por unha tenda de souvenirs convencéndoos de que aquela era a verdadeira Porta Santa.

Compaxinando co traballo estudou na Escola Superior de Arte Dramática de Vigo e entra en contacto con máis profesionais da escena. Nunha xira por Latinoamérica lembra unha "secuencia" case de traxicomedia. Como coñeceu ao tío Carlos, o irmán xemelgo do seu avó. O paso do tempo engadiu ao seu currículo máis compañías de teatro, unha web serie, o paso por televisión, a súa faceta de monologuista,...de onde saca o tempo para todo é inexplicable.

Atópase nun dos grandes momentos da súa vida: "teño a sensación de ser feliz" afirma. Que mellor final para este relato?.