RADIO.- Instinto, impulso e comportamento instintivo en Podcans

Pontevedra
05 de novembro 2018

Nesta entrega de Podcans en PontevedraViva Radio, Diego Álvarez analiza e diferencia os instintos nos cans

Pétalo e Burbuja
Pétalo e Burbuja

Instinto é a capacidade de facer e impulso é o de desexo de facer. Con esta aclaración como punto de partida vaise desenvolvendo esta nova entrega de Podcans. O educador canino Diego Álvarez explica por que e como son os instintos dos animais, neste caso dos cans.

A listaxe nos tipos de instintos é extenso. Ademais de ir anotándoos, faise especial referencia neste programa de PontevedraViva Radio no instinto de caza.

Completando estes podcast quincenais, nesta ocasión tampouco falta un vídeo e un título bibliográfico de referencia, así como a imaxe deste quinto programa.

Trátase de dous protagonistas: Pétalo e Burbuja, dúas gatas de dous meses e medio, con problemas de visión. Esta circunstancia facía, como  señalaronn desde Difusión Felina que quen quixese adoptalos, fixéseo conxuntamente. E falamos en pasado, porque desde o colectivo comunican este luns 5 que os dous gatos xa foron adoptados. Calquera persoa interesada en máis adopcións pode poñerse en contacto no correo electrónico  [email protected].