RADIO.- Mentres isto dure: Maquillarse en tempos de máscaras

Pontevedra
08 de setembro 2020

Mentres isto dure é o podcast de PontevedraViva Radio que mira ás circunstancias, máis ou menos cotiás, que a COVID19 cambiou. Levar máscara é incompatible con maquillarse e coidar o rostro?

Montse Abalde Vázquez
Montse Abalde Vázquez / Pontevedraviva

Que pasou este verán con ese vermello de beizos? Para non descubrir máscaras e comprobalo, basta preguntar en establecementos do sector para confirmar que as vendas de barras de beizos caeron sen ningunha dúbida. Son malos tempos entón para a cosmética?, levamos esta cuestión ao podcast Mentres isto dure.

Montse Abalde, propietaria de VedraEsthética, tamén confirma que non son os mellores tempos para este cosmético labial; pero tampouco ten dúbida en afirmar que precisamente o feito de levar as máscaras require un maior coidado da cara. Dunha parte en canto a limpeza, xa que "coa máscara non expulsamos o monóxido de carbono e iso require maior hixiene para manter en condicións a pel".

Engade que actualmente hai múltiples produtos cosméticos resistentes ao suor, á humidade, ao contacto, a rozamentos, etc... polo que levar a máscara non ten que significar renunciar a lucir un rostro maquillado. Conta ademas en PontevedraViva Radio, eses coidados e tratamentos que aumentaron desde que debemos protexernos a cara. As cellas, as pestanas; os ollos en definitiva, están a cobrar protagonismo. 

O seu negocio adaptouse ás esixencias de hixiene e seguridade sanitaria; e como calquera persoa autónoma lembra que hai que ter "sentidiño" e respectar as normas porque retroceder á situaciòn do segundo trimestre deste 2020 sería insostible economicamente.