RADIO.- Podcans aconsella como interactuar entre nenos e cans na casa

Pontevedra
19 de novembro 2018

Como proceder co teu can cando este hase de adaptar á incorporación dun neno? Esta cuestión ocupa o podcast quincenal de PontevedraViva Radio: Podcans

Hilaria agarda por unha acollida ou adopción
Hilaria agarda por unha acollida ou adopción

A chegada dun novo membro, neste caso un bebé, ocupa este programa de Podcans. O adestrador canino Diego Álvarez enumera unha serie de pautas e accións que recomenda levar a cabo os meses previos á chegada do neno, xa que dita incorporación pode comportar novos horarios, novos obxectos, novas situacións aos que o animal debe ir afacéndose progresivamente sen que lle xeren tensión.

De igual forma, o can debe socializar ou resocializar con nenos previamente. En calquera caso, Diego tamén achega en Podcans unhas máximas para ter sempre presentes na relación entre estes animais e os nenos: "o neno debe pedir permiso a un adulto para tocar a un can e nunca se deben deixar sós, sen supervisión a un can e a un neno".

Neste espazo, podcast, quincenal de PontevedraViva Radio, ofrécese a posibilidade de facer chegar preguntas, comentarios ou suxestións ao correo electrónico [email protected].

De igual forma a imaxe que os acompaña corresponden a animais que esperan acollida ou adopción; como neste caso Hilaria. É unha cadela mestiza, dun ano, con boa socialización. As persoas interesadas poden chamar á Asociación Cadeliños ao 722 614 875.