RADIO.- Podcans explica como traballar a chamada cos cans

Pontevedra
03 de decembro 2018

Nesta entrega de Podcans en PontevedraViva Radio toca falar da chamada, unha cuestión relacionada coa obediencia do can

Sil busca adopción dende a protectora Occidente Astur
Sil busca adopción dende a protectora Occidente Astur

Neste programa de PontevedraViva Radio toca falar dunha cuestión relacionada coa obediencia do can: a chamada.

Diego Álvarez, adestrador canino en Podcans, dá unha serie concreta de pautas, que poden pasar por máximas xerais como: nunca asociar o nome do can con cousas negativas - castigos - xa que estes animais traballan por asociacións.

Unha boa forma de empezar é premialo todas as veces que se achega. E por seguridade, "se non nos fiamos do can solto poderemos traballar cunha correa longa e lixeira para evitar na medida do posible o condicionamento e resistencia.

Ese adestramento da chamada pode "ensuciarse" con accións erróneas que Diego Álvarez enumera para que se eviten; e ao contrario poden axudarse e reforzarse con comandos, premios ou accións que igualmente detalla en Podcans.

Calquera dúbida, pregunta ou suxestión sobre este tema ou outro relacionado cos cans pode remitirse ao correo electrónico [email protected]

A fotografía que acompaña este programa corresponde a Sil. Este mastín atópase no Protectora Occidente Astur. Pesa uns 60 quilos, está cego consecuencia da diabetes; é un animal sociable tanto con persoas como con outros cans, é moi tranquilo e ten aproximadamente seis anos. Quen poida estar interesado na súa adopción pode poñerse en contacto a través da web apaoccidenteastur. com ou o seu perfil de Facebook Protectora de animais Occidente Astur.