RADIO.-Podcans: Os sinais de calma na educación canina

Pontevedra
08 de outubro 2018

Que podo facer cando o meu can tira da correa?, ou que facer cando ladra?, son cuestións cuxa resposta se pode atopar en Podcans de PontevedraViva Radio 

'Perla' é unha cadela mestiza que se pode adoptar e está na canceira de Poio
'Perla' é unha cadela mestiza que se pode adoptar e está na canceira de Poio

Que podo facer cando o meu can tira da correa?, ou que facer cando ladra?, son cuestións cuxa resposta se pode atopar neste programa de Podcans. O educador canino, Diego Álvarez céntrase nos sinais de calma da comunicación canina; unha comunicación que como indica, ha de ser bidireccional e que ten unha escala diferenciada.

Ademais das recomendacións bibliográficas ou audivisuales na rede; Álvarez fala igualmente nesta edición da norueguesa Fagan Hundeskole, fundadora escola educación canina do mesmo nome en 1984.

E a imaxe que acompaña este programa de PontevedraViva Radio é para 'Perla', unha cadela mestiza, esterilizada que ten unha boa socialización tanto con persoas como con outros cans e o seu nivel de enerxía é medio-alto. Atópase na canceira de Poio e pódese adoptar chamando ao teléfono 620146033.