RADIO.- 'Ponte en el map'a vai ata a Toscana con Borja Blanco

Pontevedra
08 de febreiro 2020

No primeiro programa de 'Ponte en el mapa', PontevedraViva Radio viaxa ata  Arezzo, na rexión italiana da Toscana. Ata alí imos co escultor pontevedrés Borja Blanco  Cochón

O pontevedrés Borja Blanco Cochón, é escultor
O pontevedrés Borja Blanco Cochón, é escultor / Borja Blanco

No primeiro programa de 'Ponte en el mapa', PontevedraViva Radio viaxa ata  Arezzo, na rexión italiana da Toscana. Ata alí imos co escultor pontevedrés Borja Blanco Cochón.

Borja Blanco Cochón é pontevedrés, da parroquia de Marcón. Estudou na Escola de Artes e Oficios Pablo Picasso da Coruña. Ao terminar, en 2014, a través dunha Bolsa Leonardo viaxou ata Indicatore, provincia de Arezzo, na Toscana italiana para "tentar ser un profesional da escultura". Así, "por culpa dun amigo que me obrigou a irme" comezou a colaborar coa artista Andreina Giorgia Carpenito no que hoxe é o mosaico máis grande de Europa.

Concluída a bolsa, Andreina ofreceulle seguir axudando no proxecto e a cambio ter unha casa onde aloxarse. A día de hoxe traballa na súa traxectoria persoal como artista. Xa expuxo en Florencia ou na Universidade de Arezzo. É escultor, traballa con madeira e a súa ferramenta de traballo é a motoserra. Resta importancia a este feito e cita a outros artistas como Marcos Mariño de Arcade ou ao reputado Leiro.

Polo momento "sobrevivo coa escultura", di en PontevedraViva Radio; así que complementa os seus ingresos como operador de cámara en competicións ecuestres. E aquí atopámonos con outra das paixóns de Borja Blanco: os cabalos, un animal que tamén traslada á madeira.

Describe un ambiente bucólico en Arezzo, "é como un val encantado". Fala perfectamente o italiano e sente integrado. A súa calidade de vida é perfecta: "facer o que che gusta, ter o teu tempo, os teus horarios e ser realmente libre facendo o que queiras cando queiras, a pesar de que haxa obrigacións... é perfecto".

Pontevedra a visita unha vez ao ano; cando volve tampouco para quieto e segue facendo encargos de escultura que lle piden. A parte menos agradable é estar afastado da familia en certas situacións. Bota de menos: facer algo que facía de neno, ir por aldeas e falar cos maiores do lugar.