Ramos, sol e burriña: comeza a Semana Santa

Pontevedra
25 de marzo 2018

Milleiros de persoas participaron do tradicional e relixioso acto de golpear a imaxe de Xesús durante o traxecto a lombos dunha burra. A comitiva iniciabase na igrexa de San Xosé de Campolongo para rematar na Ferrería onde se bendiciron ramos e olivos

Procesión de Ramos 2018
Procesión de Ramos 2018 / Diego Torrado

Milleiros de persoas participaron na primeira procesión da Semana Santa pontevedresa seguindo o percorrido da imaxe da burriña traslando a Xesús polas rúas do centro de Pontevedra, en recreación da entrada de Cristo en Xerusalén.

A comitiva iniciábase tras a misa das 11.00 horas na a Igrexa de San José, oficiada por  Casimiro Fernández, para percorrer a praza da Peregrina, Curros Enríquez, Méndez Núñez e a rúa Sarmiento ata finalizar en San Bartolomé. A continuación en San Francisco celebrábase o acto relixioso da bendición de ramos e oliveiras, cos que os pequenos golpeaban á burra durante o percorrido.

O sol acompañou durante todo a maior parte do acto, aínda que a mañá contou con varios momentos de chuvascos e vento do norte, que provocaba unha sensación de frío.

Durante a tarde deste domingo, a igrexa de San Xosé de  Campolongo acollía a actuación do grupo Arume coa súa tradicional representación da Paixón, que volverá ser representada o mércores 28 ás 21.30 horas na igrexa de San Bartolomé. Nesa ocasión, a agrupación estará acompañada do Coro Luís García  Limeses.