Ratifican a condena a un home que golpeou unha muller na cara coa cunca do almorzo

Pontevedra
10 de febreiro 2023

A Sección Segunda da Audiencia Provincial de Pontevedra ven de desestimar o recurso dun home que foi condenado como autor dun delito de lesións con instrumento peligroso á pena de dous anos de prisión e a indemnizar á vítima na cantidade de 8.143 euros

Fachada do edificio da Audiencia Provincial de Pontevedra
Fachada do edificio da Audiencia Provincial de Pontevedra / Cristina Saiz

A Sección Segunda da Audiencia Provincial de Pontevedra ven de desestimar o recurso dun home que foi condenado como autor dun delito de lesións con instrumento peligroso á pena de dous anos de prisión e a indemnizar á vítima na cantidade de 8.143 euros.

No xuízo quedara probado que o día diez de septiembre de 2021, o acusado primeiro lle tirou á vítima o contido dunha cunca de café con leite e deseguido a golpeou con ela na fronte, á altura da cella do ollo dereito "ocasionándolle unha contusión frontal dereita con ferida incisa secundaria e un traumatismo cranio encefálico".

Á muller que quedou como "secuela de prexuízo estético" unha cicatriz de tres centímetros.

Na súa apelación o acusado aludía, entre outros motivos, un "erro na avaliación da proba" alegando que lanzou ao aire unha cunca sen intención de causar ningunha lesión, polo que reclamaba así a competencia da xurisdición civil e non da penal.

Os maxistrados da Audiencia sinalan que "non se tratou do lanzamento ao aire, sen máis intencionalidade, dunha cunca do almorzo, senón de que o acusado directamente bateu con ela na cara da persoa agredida, de onde se deduce que o único ánimo ínsito en tal acción non podía ser outro que o de atentar contra a integridade física daquela". Dito doutro xeito, a quen bate directamente cunha cunca do almorzo na faciana doutro a única intencionalidade lóxica que se lle presume é a de causarlle lesións. 

O acusado tamén invocaba a súa pretendida lexítima defensa como eximente, algo que foi rexeitado en primeira instancia porque "por ningures existe o máis mínimo indicio racional" da existencia dunha ferida no apelante para que se vise na obriga de defenderse ou repeler unha suposta agresión. "Nin documental nin testemuñalmente existe o máis mínimo vestixio da existencia da pretendida agresión ilexítima" e sabido é que este constitúe o requisito fundamental para poder apreciar a circunstancia da lexítima defensa como eximente, completa ou incompleta, ou como mera atenuante.

Finalmente, o acusado tamén argumenta no seu recurso a vulneración da presunción de inocencia pero a declaración incriminatoria da persoa agredida, a do propio acusado, ou a documental médica do mesmo día dos feitos e o informe de sanidade da médica forense constituíron "medios de proba máis que suficientes como para ter por desvirtuada a presunción de inocencia do recorrente".

A presente resolución non é firme e contra ela cabe recurso de casación.