O Concello de Soutomaior rematou as obras de arranxo da estrada de acceso a Cortellas desde o barrio do Val-Sobral.
Hai case un ano, en novembro de 2023, tras os estudos pertinentes por parte dos enxeñeiros cortábase ao tráfico esta estrada local para evitar accidentes ante o risco de que este se afundira despois dun gran desprendemento lateral.
Na contorna existen outros dous viais alternativos para comunicar con esta parte da parroquia que dá nome ao municipio, pola zona de Aranza e pola de Moreira.
Neste tempo o Concello encargou á empresa Caldevergazo S.L. a construción dun muro de contención que estabilizou o noiro natural e no que investiu 75.000 euros de fondos propios.
Agora, a falta de rematar cos últimos trámites administrativos propios deste tipo de actuacións, o goberno local de Soutomaior agarda reabrir o tráfico nos vindeiros días.