Rescatan da auga a un home en apuros na praia de Xiorto

Poio
02 de agosto 2020

O home, segundo informaron os socorristas, presentaba dificultades para respirar e foi evacuado polos servizos sanitarios ao Hospital Montecelo de Pontevedra

Izado da bandeira azul na praia de Xiorto, en Raxó (Poio) PontevedraViva

Os socorristas da praia de Xiorto, en Poio, rescataron da auga cos bañistas que se atopaban neses intres no areal, a un home que se sentiu indisposto mentres se bañaba. 

O home, segundo informaron os socorristas, presentaba dificultades para respirar e foi evacuado polos servizos sanitarios ao Hospital Montecelo de Pontevedra.

Foi unha persoa particular quen, ás 19:30 horas da pasada tarde, chamou ao 112 Galicia para solicitar asistencia sanitaria para un home que sufrira unha indisposición e que xa rescataran da auga. Indicaba, ademais, que estaba sendo atendido polos socorristas.

Ata o lugar, tras ser alertados polo 112 Galicia, desprazouse decontado o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que confirmou o traslado en ambulancia do paciente.