A primeiras horas da mañá deste luns 3 de febreiro de 2025, un vehículo saía da vía na Rúa Epifanio Campo, en Vilalonga, no municipio de Sanxenxo, provocando un impacto contra varios elementos do mobiliario urbano próximos ao muro dunha vivenda.
O sinistro deixou como balance un ferido de carácter leve.
O condutor, que era o único ocupante do turismo, pasou as probas de alcoholemia e drogas con resultados negativos do 0% e, actuando de xeito autónomo, dirixiuse ao médico polos seus propios medios.
Non foi necesario o traslado a un centro sanitario a través da ambulancia.
O impacto frontal provocou importantes danos no mobiliario urbano, afectando varios contedores e unha luminaria, que caeu derrubada.
O Servizo de emerxencias acudiron rápidamente ao lugar para atender no sinistro, segundo indica o Concello de Sanxenxo.
A Policía Local investiga as causas que provocaron esta saída de vía e o impacto contra o muro.
