Sáltase o confinamento e conduce drogado para visitar a uns familiares no poboado do Vao

Poio
16 de maio 2020

O pasado xoves, ás 17:15 horas, unha patrulla do Destacamento de Pontevedra da Garda Civil, detectou circulando sen causa xustificada a dous cidadáns de Santiago de Compostela no termo municipal de Poio

Control de tráfico Guardia Civil de Tráfico

O pasado xoves, ás 17:15 horas, unha patrulla do Destacamento de Pontevedra da Garda Civil, detectou circulando sen causa xustificada a dous cidadáns de Santiago de Compostela no termo municipal de Poio.

Estas persoas explicaron aos axentes que se desprazaron a Pontevedra con intención de realizar unha visita aos seus familiares no Poboado do Vao.

O condutor do vehículo, foi sometido ás probas de alcol e drogas, arroxando resultado positivo en drogas. De ser confirmado o feito nas analíticas que practicará o laboratorio, o condutor podería enfrontarse a unha multa de 1.000 euros e a detracción de seis puntos do seu permiso.

Doutra banda, ambas as persoas foron denunciadas por incumprir a prohibición de efectuar desprazamentos  interprovinciales sen causa xustificada.