Sanxenxo non reabrirá a súa piscina municipal ata setembro

Sanxenxo
26 de maio 2020

O goberno local decidiu realizar melloras e aplicar novas medidas de seguridade que garantan a volta á piscina e ximnasio con todas as garantías sanitarias. En canto ao persoal da piscina municipal, os monitores que dispoñen de curso de socorrista reforzarán o servizo de vixilancia e o control de praias

Instalacións da piscina de Baltar
Instalacións da piscina de Baltar

Os usuarios da piscina municipal de Sanxenxo terán que esperar antes de poder regresar ás instalacións. O Concello decidiu pospoñer a súa reapertura ata setembro.

O goberno local decidiu realizar melloras e aplicar novas medidas de seguridade que garantan a volta á piscina e ximnasio con todas as garantías sanitarias.

Así, está prevista a renovación da deshumectadora que garanta as axeitadas condicións de humidade e renovación do aire no espazo da piscina.

A actual situación de alerta sanitaria tamén obrigará a reforzar as medidas de seguridade para garantir o distanciamiento social, polo que se instalarán mamparas de separación nas duchas, os espazos nos vestuarios se delimitarán con estanterías individuais e poñeranse cintas ou adhesivos que marquen en cada momento a área de cada usuario.

A limpeza e desinfección tamén se reforzará coa reapertura. Ata agora limpábanse as instalacións catro veces ao día, pero a partir de setembro duplicaranse as tarefas de desinfección e hixiene.

A maquinaria do gimnasio será renovada por completo nas distintas disciplinas deportivas. Tamén no ximnasio cada aparello contará coa distancia de seguridade de dous metros e colocaranse adhesivos en paredes e chan para recordar ao usuario o distanciamento recomendado.

Outra das novidades importantes a partir de setembro será o control de aforo das instalacións. O Concello baralla diversas opcións, entre elas, unha aplicación que permitiría ao usuario coñecer a afluencia do ximnasio e tamén un sistema para contabilizar as entradas.

En canto ao persoal da piscina municipal, os monitores que dispoñen de curso de socorrista reforzarán o servizo de vixilancia e o control de praias.

BALIZADO DE PRAIAS

Pola súa banda, Turismo de Sanxenxo propuxo como adxudicataria do balizamento de praias á empresa Trames, que cobrará 60.366 euros por este traballo.

Na súa oferta, inclúe a novidade do alumado LED para as praias de Panadeira, Silgar e Caneliñas. En canto aos medios materiais e humanos, utilizará para a instalación do balizamento ata cinco embarcacións de distintas dimensións e contará con dúas marineros e dous patróns.

O balizamento levarase a cabo nas praias Agra, Areas, Panadeira, Silgar, Baltar, Caneliñas, Canelas, Paxariñas, Montalvo, Bascuas, Pragueira, Major, Foxos, Nosa Señora da Lanzada, Areas Gordas e A Lapa. En total serán 90 boias de distinto tipo, 1.140 metros de cadea de aceiro galvanizado e 800 metros lineais de corcheiras.