O 112 Galicia informou dun accidente de tráfico en Vilagarcía, no que resultaron feridas seis persoas.
As lesións que presentaban producíronse como consecuencia do impacto entre dous turismos na parroquia de Rubiáns.
Para axudar aos afectados, o persoal do 112 pediu a colaboración dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que trasladaron os feridos ao Hospital do Salnés; e dos membros do servizo local de emerxencias. Tamén foi informada a Policía Local.
O sinistro tivo lugar este luns sobre as sete da tarde.